O recuncho de Antonio Vidal


Velaí unha nova entrega de fotografías de Antonio Vidal, quen nesas catro instantáneas dos seus conveciños entra en diferentes aspectos da vida nunha pequena localidade do sur de Lugo. A dura tarefa da sega tamén tiña os seus momentos de descanso para tomar un taco, botar un pito ou parolear das últimas novas. Enriba deses labregos está o comercio, todo un mundo de sorpresas para os máis novos e lugar de encontro cotián. Os trenes contribuiron nos sesenta a levar a moita xente aos seus destiños no extranxeiro, entón emigrabamos como antes o fixeran nosos pais, avós e bisavós. No verán era un bo momento para bailar e tamén para deixar de lado as penas.
l
l
Outra vez teño que dar moitas grazas a Pablo Vidal por facerme chegar un feixe de fotos feitas polo seu pai Antonio Vidal.

Comentarios

Publicacións populares