Cepa de mencía
Mencía é unha antigua variedade cultivada tradicionalmente en Galicia que presenta porte de vexetación medio erguido, mentres que o seu tronco é vigoroso. Os sarmentos son herbáceos de sección transversal circular algo esmagada, contorno sen costelas, enteiramente verde e glabro. As follas en outono son verdes con moitas zonas vermello escuro. As uvas adoitan ser de tamaño medio, elipsoidales, sección transversal regular, cor azul violeta, con pruina, embigo persistente, pel grosa, polpa branda, zume incolor, sabor neutro. Abunda na rexión do Douro e Galicia, ademais de estar presente en lugares como Cantabria, Levante, Extremadura e Centro.

Fotografía na viña do Sancristán de Aló, reprantada por Roque Soto López (1927-2003) con variedade autóctonas.

Comentarios

Publicacións populares