Volta a illa de San Simón
Volvín á illa de San Simón con calma, a que impón o doce non facer nada e estar en boa compañía, como ese mar Atlántico que entra para ser domado pola ría de Vigo. Cantado naquela afastada Idade Media por un daqueles ilustres e reconfortados con dar o seu respecto a Deus e ao rei. Xa non me interesaron os seus versos nin moito menos cando fala das ondas como figura poética para ilustrar a súa mensaxe propagandística de entón. Paso xunto ao conxunto histórico de pedra máis valiosa neses momentos cás tres figuras recreadas nela.
Árbores e edificios conviven en harmonía cando noutros tempos non era tal a reciprocidade entre humanos, sempre, aínda que quédanme na retina as crueis imaxes que non se borraran mentras os miolos aguanten as embestidas do tempo.
Chegan os barcos con soldados de mirada agonizante que combateron nunha guerra imposta por unha monarquía asasina sustentaba por gobernos burgueses máis asasinos aínda. Pero a crueldade semellou ser o senón da illa de San Simón (e a súa veciña pequena de Santo Antón) nada poéticas para os morreron baixo as zarpas do fascismo franquista aturuxado por unha igrexa moi deste mundo. Chegan máis barcos con xentes condenadas a unha morte segura. Chámame a atención esa parede onde foron fusiladas decenas de persoas de diferente condicións por defender a igualdade, algo tan difícil de conseguir nos nosos días. Maldigo a quen teñen varias caras, sobre todo aqueles que para sobrevivir obvian o sufrimento a súa beira, todo ás veces por un anaco de fama ou xantar, dá igual.
En fin me vou da illa coa lección aprendida de que me rodearon as augas da lembranza amarga nada poética e moi real que non esquecerei.


Comentarios

Publicacións populares