Eu busco e non atopo

Una vez cobrada a indemnización, e apuntado ao paro, recibín a chamada dun veterano xornalista que ofrecía traballo como redactor xefe nunha publicación periódica de carácter semanal, pero na que había que estar tódolos días, excepto domingos e festas, controlando, coordinando e escribindo, é dicir máis do mesmo que acaba de deixar atrás despois de 20 anos de dura tarefa na prensa diaria. Non me importaban a horas, pois estaba acostumado, pero boteime atrás ó chegar as condicións económicas. 

O xornalista dicía a este outro xornalista, a min, que o salario non pasaba dos 600 euros, o énfases do mandamáis da revista que puxo ó dicir a cifra máxima parecía indicar que era unha boa oportunidade, aínda que no lote non se incluía a Seguridade Social. Ademais o pago sería en dúas remesas, unha das cales no podía ir ao nome meu. En fin, toda unha gran oportunidade para mandar a tomar por cu as eternas esmolas dos de sempre.


Non dudei, saín da oficina cutre da revista mentireira, e enfilei cara á rúa para de novo volver ao recuncho que desde algunhas xornadas é atalaia para desenvolver unha das miñas aflicións: a de teleoperador. Desta maneira intento atopar traballo en algunha empresa interesada na miña voz para molestar e enganar ós usuarios. O traxe da fotografía é de faena, pois teño no armario pantalón e chaqueta a xogo e tamén garabatas. Espero que a sorte me acompañe.

Nota: Isto xa saíu ao principio, pero recupereino por razóns estéticas e éticas, pois o asunto ten moita actualidade. Tamén por solidariedade, adicado a todas e todos os que buscan e non atopan pois delas e deles son a rúas e toda a súa vida bulinte.


Fotografía © Roque Soto Soto

Comentarios

Publicacións populares