Cerca do Pazo aínda quedan restos da antiga fortaleza do século XII que protexía o camiño de entrada a Galicia. Os Reis Católicos concedéronlle ó conde de Ribadavia a vila de Castro como premio pola súa axuda na conquista de Granada. Polas indicacións do Catastro de Ensenada e Conde de Ribadavia tiña o dominio inminente do solar pero o seu dominio útil era dos Losada dende o ano 1630, sendo fundado o pazo e o morgado por don Pedro Losada y Quiroga, bispo de Orihuela e Cabaleiro da Orde de Santiago, segundo consta nunha inscrición na capela. Máis tade pasou ós Flórez Losada.
Na época da súa construcción estaba illado da vila, pero polo crecemento urbanístico hoxe está integrado no núcleo urbano anque segue tendo no seu entorno bosques, terras de cultivo e viñedos. Presenta unha planta en U cerrándose o patio por un muro que converte o recinto nun rectángulo. Te aparello de cantería de dúas cores na fachada principal e cachotería encalada no resto dos muros. A parte inferior da fachada principal está percorrida por un pórtico de arcos de medio punto de pedra vermella encintada e na planta superior abrense balcóns sobre canzorros ben traballados. Aparecen na casa dous escudos, un deles coa peculiaridade de estar tallado en madeira. Nos escudos póndense ver as cinco flores de lis dos Flórez e lagartos dos Losadas.
Pazos de Galicia (NIGRATREA, 2001)
Víctor Nogueira
Fotografía de Sam Rock
Comentarios