Triscos líricos

Na serra de Cúa, fragosa e negra,
moran manadas de lobos.
Láise o vento nas engrobias dos seus veigales,
arredor das súas freitas oubean os lobos.
Polo outono o cervo esgrouviado e fero
anda a calacerar uivante;
riba do seu penedo quéixase a garza.

A noite fría en Móin Mhór,
bótase enriba un forte torbón;
unha crúa nevarada contra a que o vento rindo sopra
asubía sobor da cuberta do bosque.

Ollade diante de vós, cara o Nordés,
ó mar arrufado, rico en fauna.
A moradía das focas, ledas e brillantes,
está en preamar.

Maino, xangal cantaroleo, lene música dos mundos;
doce resoa a voz do cuco dende os cumes.
Nas raiolas do sol boliga a leda foula;
os cuxos reloucan co pasto
da abá da montaña.

De cortizo en cortizo vibra espilida a loira abella,
bole ó lonxe coa luz do sol;
leda foxe á chá largacía,
despois métese, lizgaira, dentro da súa cera.


Poesía irlandesa
Ciclo lexendario ossiánico. Século XIII.



Fotografía do barranco de Ampriu, Pirineo de Huesca. Emilio Blanco.


Comentarios

Publicacións populares