Muñeiras e outras cantigas
Has de cantar á veira do rio
ó son das oliñas de campo frorido.
Has de cantar a veira do mar
ó son das oliñas que soben e van.
Has de cantar a veira da fonte
que che ei de dar peros cocidos no pote.
Ai!, has de cantar rapaza solteira,
ai!, has de cantar alá na ribeira.
Cando te vexo na veira do rio
quedame o corpo tembrando de frio;
cando te vexo do monte na altura
a todo o corpo lle da quentura.
Cando a lebre diga misa
e o conexo sea abade,
deixarei eu meu querer
por coller a tua amistade.
Namoreime dunha nena
porque ela cantaba ben;
ahora morro de fame,
o cantar non me manten.
Sabe Deus de hoxe nun ano
onde estará este meu corpo;
ou aqui ou noutro lado
ou na sepultura morto.
A quen lle hei de contar eu
a pena que estou pasando?
heilo de contar á terra
cando me estén enterrando.
Todos preguntan que teño
que dei en entristecer:
como ter non teño nada,
pero algo quixera ter!
O que nunca estivo lonxe
non sabe que é padecer;
de lonxe as penas aumentan
para que sabe querer.
Non sei por qué me casei,
que solteira ben estaba;
andaban atras de min,
agora ninguén me fala.
Si o mar tivera barandas
fórate ver ó Brasil;
mais o mar non ten barandas:
amor meu, por ónde hei de ir?
Has de cantar á veira do rio
ó son das oliñas de campo frorido.
Has de cantar a veira do mar
ó son das oliñas que soben e van.
Has de cantar a veira da fonte
que che ei de dar peros cocidos no pote.
Ai!, has de cantar rapaza solteira,
ai!, has de cantar alá na ribeira.
Cando te vexo na veira do rio
quedame o corpo tembrando de frio;
cando te vexo do monte na altura
a todo o corpo lle da quentura.
Cando a lebre diga misa
e o conexo sea abade,
deixarei eu meu querer
por coller a tua amistade.
Namoreime dunha nena
porque ela cantaba ben;
ahora morro de fame,
o cantar non me manten.
Sabe Deus de hoxe nun ano
onde estará este meu corpo;
ou aqui ou noutro lado
ou na sepultura morto.
A quen lle hei de contar eu
a pena que estou pasando?
heilo de contar á terra
cando me estén enterrando.
Todos preguntan que teño
que dei en entristecer:
como ter non teño nada,
pero algo quixera ter!
O que nunca estivo lonxe
non sabe que é padecer;
de lonxe as penas aumentan
para que sabe querer.
Non sei por qué me casei,
que solteira ben estaba;
andaban atras de min,
agora ninguén me fala.
Si o mar tivera barandas
fórate ver ó Brasil;
mais o mar non ten barandas:
amor meu, por ónde hei de ir?
Composicións anónimas de carácter popular do século XIX
Fotografía de ® Pablo Vidal
Comentarios