Para a liberdade

Para a liberdade sangro, loito, duro.
Para a liberdade, os meus ollos e as miñas mans,
como unha árbore carnal, xeneroso e cativo,
dou aos cirurxiáns.

Para a liberdade sento máis corazóns
que areas no meu peito: dan escumas as miñas veas,
e entro nos hospitais, e entro nos algodóns
como nas azucenas.


Para a liberdade despréndome a balazos
dos que deitan a súa estatua pola lama.
E despréndome a golpes dos meus pés, dos meus brazos,
da miña casa, de todo.

Porque onde unhas cuncas baleiras amenzan,
ela poñerá dúas pedras de futura mirada
e fará que novos brazos e novas pernas medren
na carne talada.

Agromarán aladas de zume sen outono

reliquias do meu corpo que perdo en cada ferida.
Porque son como a árbore talado, que rebento:
porque aínda teño a vida.



O home asexa
Miguel Hernández (1910-1942)





Fotografía do val de Estós, feita por Emilio Blanco, Milucho, a quen dedico este poema do escritor de Orihuela.

Comentarios

Publicacións populares