As portas teñen case sempre trespezas en cado lado ou padieira, chamadas tranqueiras as estreitas e agullas as longas, que ligan a porta ó resto da parede. Estas pezas teñen unha forma especial , abrindo a cara adentro pra dar lugar ás follas que as pechan; esta desviaciòn ten o nome de rasgo o rebaixe.
Cando se trata de portas feitas con certo coidado, levan por baixo unha lousa, o soleira, un pouco máis alta có chan pra evita-lo paso da auga. A porta remata na lumieira, formada pola toza e contratroza.
Cando se trata de portas pequenas ou de construción descoidada, levan a padieiras dunha soa peza e poden carecer de soleira.
En ocasión, cando non se dispón de pezas de longo bastante pra acada-lo ancho da porta, modifícase a lumieira, facéndoa de varias pezas, anque, polo xeral, sen chegar ó arco. Ó sumo, e seguramente por influencia culta a través das igrexias e capelas barrocas, están algunhas adinteladas. O arco soamente se aotpa raramente nalgunha casa grande ou nalgunha construción de orixe monacal.
O que , en troques, non falta é a lumieira de madeira no medio de paredes totalmente de pedra.
A casa
Xaquín Lorenzo (1907-1989)
Fotografía de Sam Rock
Comentarios