Contra o abandono

O menosprecio social da língua galega era cousa adoitada na nosa burguesía urbana. Tíñase por língua rústica, ordinaria, plebea, e aos seus falantes por ignorantes, atrasados, vulgares. Esta actitude despectiva campóu durante moito tempo e aínda hoxe conserva vixencia, inanque xa á defensiva. Coa soberba que lle daba o seu poderío social, ademáis de auto-alimentar a súa rundafela menospreciadora chegóu a exercer tan brutal presión sobre a mentalidade colectiva que os propio galego-falantes tragánora por verdadeira. Chegaron a ter por certo que o falaren galego era o signo indiscutible do seu atraso, da súa inferioridade, sin caeren na conta -nin podía pedírselles tal cousa- de que a súa inferioridade radicaba no nivel de vida e non no idioma falado. Non se decataban de que a superioridade dos despreciadores era económico-social, mas non idiomática. No terreo económico-social dábase esa relación superioridade/inferioridade, mentres que no terreo idiomático só ocurría que falaban línguas diferentes. Coa importante particularidade de que a inmensa maioría era a que falaba galego e só unha minoría a que o despreciaba. Mas esa minoría era socialmente poderosa e impuña rudamente a súas pautas.



O menosprecio social da lingua
Ramón Piñeiro (1915-1990)


En recordo do galeguista a quen se adica este ano o Día das Letras Galegas


Fotografía dun pobo abandonado do interior de Galicia, Sam Rock

Comentarios

Publicacións populares