Miragre

Despedida sin verbas
Despedida sin verbas
onde os cais fican asolagados
Adeus mudo que no ar
prolonga o fume dos vapores
Xa chego a non ouvir
o socabado torgo dun barco
de tan lonxe que os ollos
se me foron a soñar

Cada cousa perdeu o seu presente
pra ser só ese algo
que ten da miña volta
Por eso dentro desta despedida
eu poño un beixo no mañán e nos teus ollos.




Poemas soltos
Manoel Antonio



As Cíes dende o faiado, fotografía de Sam Rock

Comentarios

Publicacións populares