QUEIXA DA TERRA

 Esperando ao porvir
 

Pero o tempo pasa e as tarefas comezan a facer mela no carro. Un día o
eixe debilitado rompe. O fragueiro intenta arranxalo provisionalmente para que
aínda poida rematar o seu camiño.

Con estes apaños, o carro segue traballando ata morrer. Pero a súa morte non é como a doutras ferramentas do campo. De feito conserva a súa armazón que
colgado da parede do patio, respectado polo seu dono, queda á espera de que o tempo o vaia desfacendo aos poucos, ata desaparecer. E o carro seguirá rodando dando aire á queixa da terra sometida e o canto de esperanza dunha mañá quizais afastado, pero seguro… E segue rodando de cara ao porvir. 


O home e o carro
Antonio Román/Xaquín Lorenzo

 Fotografía de Sam Rock


Comentarios

Publicacións populares