Recanto. As cerdeiras frolidas
A cerdeira é unha das máis fermosas álbores, pola súa frol, polo seu froito e tamén pola súa madeira.
A súa frol é branquisma, como de neve e fai pensar nos velos de voda. O froito é aceso, xoiante, e fainos recordar os labres das poncelas. Mobres de pao de cerdeira vístelos moitas veces nos pazos e mais nas caxas labregas, co seu tono roibo, en consla e mesas.
Fai us días que estiven en Sanfiz de Paradela, en terras do Corgo, a dúas légoas de Lugo. A moura aldea estaba cingida pola cándida groria dos hortos en frol. Cuasemente non había autras álbores que as de frol de neve, agás da rosada dos pumares. As anduriñas revolexaban por riba das casas.
Paisaxes e estacións
Ánxel Fole
Adicadas estas estrofas a Sill:
ani repena ko yvy apére,
ndaipóri kuña nde rekoviarã
Comentarios