Mar que resoa no fogo

Ansioso volto mais unha vez à praia -desexo que prolonguei en días, en soños, até que agora o vento e o sol me dan no corpo e fan real esa soedade branca de Setembro. Porque este mar espúmeo, aquí, nas ondas que se deitan con fervor sobre a areia, devolve-me, nas ondas que se deitan con fervor sobre a areia, devolve-me o latexo oferente do seu corpo, restitui-me o sentido enlazado do seu sangue, aclara-me a tristeza que deixamos pendurando no tempo.
Sempre veño en Setembro a ver o mar. E ela, que é lonxanía do canto, habita os lentos meses na delgada presenza das luas que estas águas gravaron no eco inmenso e ardente do verano.
Só agora, ao voo destas aves, no seu perfil fugar de vento sobre as ondas -gaivotas que suspenden unha morte levísima na perfeita lembranza dos seus ollos mariños, deixo ir estas palavras mortas nos meus labios, as derradeiras palavras do seu corpo.

Entre água e fogo
Miguel Anxo Fernán-Vello


Fotografía de Sam Rock

Comentarios

Publicacións populares