Carpinteiro

Un dos oficios que máis desenvolvemento teñen aquí é o de carpinteiro, cousa que nada ten de estraño se consdierámo-la riqueza forestal de Galicia.
En xeral, chámase carpinteiro a todo aquel que traballa a madeira, mais sendo moitas a aplicacións que se da a esta materia, varía tamén o tipo de carpinteiro, constituíndo algunha destas variantes verdadeiras especializacións.
Tendo en conta isto, ímonos ocupar susesivamente dos diversos oficios que teñen por base a madeira. Os máis importantes son: carpinteiros de armar, fragueiros, cubeiros, carpinteiros de ribeira, zoqueiros e torneiros.
O carpinteiro de taller emprega case tódalas ferramentas que usan os demais, xa que o seu oficio e coma unha síntese de tódolos outros. Por isto, ó nos ocupar del, farémolo tamén de todo o instrumental, indicando logo nos outros algunha ferramenta especial ou o desenvolvemento dalgunhas determinadas.

Carpinteiro de taller

Este carpinteiro é sedentario; ten o seu taller case sempre a carón da casa. Na aldea aproveita un recanto do patio para facer nel unha caseta na que monta o seu instrumental e na que traballa cando quere e ten vagar, podendo botar unha man os da casa cando lles cómpre.
No taller do carpinteiro non pode falla-lo banco, no que pon as táboas que quere labrar, suxeitándoas co sete ou barrilete que se mete por un buraco que ten o banco con ese obxecto; para que as táboas no marchen para diante, están as uñas, de ferro ou de madeira, con dous cravos, que soben e baixan segundo o groso da peza...

Os oficios
Xaquín Lorenzo


Aixola xunto a outros trebellos. Fotografía de Sam Rock.

Comentarios

Publicacións populares