Fantasía da tardiña
Diante da súa cabana senta calado na sombra
o labrego, a el que é modesto afuméalle a cociña
Ó camiñante sóalle na apracible aldea
de xeito hospitalario a campá do atardecer.
Tamén os barqueiros voltan ó porto.
En cidades de lonxe, esvaece ledo o barullo
de comerciar do mercado. A comida en compaña
brillalle ós amigos en silenciosa entramada.
Pero, a onde eu? Os mortais viven
de soldo e traballo; alternando esforzo e descanso
Se todo está ledo, por que entón xamais dorme
a espiña no meu peito?
No ceo da tardiña florece unha primavera
incontables florecen rosas e serena alumea
a dourada terra. Oh, levádeme alí,
purpúreas nubes para que poidan aló
derretérseme, en luz e aire, o pracer e o pesar.
Pero, como espantado por un aloucado rogo, foxe
o encantamento; escurece, e en soidade
baixo cero, como sempre, estou eu.
Ven ti agora, doce soniño! De máis arela
o corazón, pero, por fin, esmoreces ti, oh mocidade
inqueda e soñadora.
Tranquila e alegra é entón a vellez.
Fantasía do atardecer
Friedrich Hölderlin (1770-1843)
Bernardo e Manuel, veciños do fondo do lugar. Fotografía de Antonio Vidal, que tamén habitou Sequeiros.
Comentarios