Outros enfoques
José Ortiz-Echagüe (1886-1980) é un dos grandes fotógrafos do século XX que na súa longa vida compaxinou o arte das imaxes coa edición de libros e dirección de empresas, CASA e SEAT, ó que hai que engadir a súa condición de militar e piloto de aviación en tempos de pioneiros.
Dende a súa fotografía Sermón na aldea, feita cando tiña 17 anos, Ortiz Echagüe, de ascendencia vasco andaluza non parou de captar imaxes en todos los viaxes que fixo durante a súa dilatada existencia. Dícese que se lanzou polos camiños de España a facer fotografías para retratar un mundo en proceso de desaparación, de ahí que os seus traballos teñan especial fixación en pobos, castelos, paisaxes, xentes e as súas vestimentas, retratos familiares e tamén no norte de África. Eses asuntos e dan vida aos miles de negativos e fotografías deixadas polo fotógrafo.
Cunha técnica denominada carbón directo sobre papel Fresson, Ortiz Echagüe deu a súas fotografías unha personalidade artística de variados matices nas que se atopan esencias de diferentes pintores, unha longa lista na que aparecen Velázquez, O Greco, Zurbarán ou Goya, entre outros. Sen dúbida esas características se atopan en fotografías aquí recollidas.
María Rosa Vicente (Madrid, 1959) é unha poetisa que cos seus versos acompaña as fotografías de Ortiz-Echagüe, ambos artistas a súa maneira, un coas imáxes, outra coas verbas, afondan na verdades que nos rodea.
Se o pasado
Se o pasado búscache
e che reencontra
non o evites. Asume
que o esquecemento nútrese de distancia,
de vida en equilibrio
sobre un círculo
tal vez defectuoso,
que cun movemento recupera
a súa vontade de xiro.
E, ao rodar, descóbrense
os antigos poemas,
de cando a inocencia
era idade e era tímida
medida do futuro.
O que o límite tivo de excitante
uns anos despois. Quizais o tempo
de virarche invisible.
Se che atopa
despois deste silencio, non te negues,
a xogar a partida que che ofrece.
Chíscalle o corazón. Dálle os teus sinais.
Comentarios