SOMBRIZA TRISTEZA
Eu era émulo da choiva benfeitora
Eu era émulo da choiva benfeitora, o
señor da xenerosidade, o protector
dos homes;
cando a miña man dereita prodigaba os dons
no día da distribución dos agasallos, ou
quitaba a vida aos inimigos no día
do combate;
e cando a miña esquerda tiña a brida que
suxeitaba o corcel, asustado co ruído das lanzas.
Pero agora, eu áchome en poder da catividade e a miseria,
aseméllome a unha cousa sacra que foi profanada,
a un ave a quen se se cortaron as ás.
Xa non podo responder ao rogo do oprimido,
nin do pobre.
A alegría do meu rostro, a que estaba afeito,
cambiouse en sombriza tristeza;
os pesares non me permiten pensar en ledicias;
hoxe todas as olladas apártanse da miña,
cando antes todas buscábanme.

Al-Mu'Tamid (1040-1095)
Pintura de Joaquín Sorolla
Pintura de Joaquín Sorolla
Comentarios