Mirade aí unha imaxe do encoro de Sequeiros, un dos primeiros que se construíron no caudal do Sil. Todo un exemplo da modernidade que ata fai ben pouco non chegou á zona xeográfica onde se asenta a presa.
Vaia polo recordo de todas aquelas persoas que traballaron arreo en tan magna obra, sobre todo ás que deixaron as súas vidas na dura tarefa e nunca recompesada tarefa de izar a parede que axudaría a alagar o val e levar fora a nova riqueza en forma de megawatios.
Aí vai esa peza cantada por Arlo Guthrie, que foi composta polo seu pai Woody.Como vai o meu pensamento para os que coa súa forza, o seu sudor e a súa sangue fixeron posible a construción dos saltos galegos.
Comentarios