Cava lixeiro, cava

Cava lixeiro, cava,
xigante pensamento,
cava un fondo burato onde a memoria
do pasado enterremos.
¡Á terra cos difuntos!
¡Cava, cava lixeiro!
E por lousa daráslle o negro olvido,
i a nada lle dará por simiterio.

Follas Novas
Rosalía de Castro

Recreación dunha habitante do poboado de O Castro de Vigo. Fotografía de Sam Rock.

Comentarios

Publicacións populares