A fonda pegada do mundo romana é visible na actualidade no rico patrimonio arqueolóxico da comarca quirogesa. Trátase dun tecido mineiro composto por máis de trinta explotacións de distintos tipos acompañados por unha vintena de asentamentos fortificados estrictamente vencellados á minaría. Atendendo a súa tipoloxía as explotacións auríferas poden dividirse en dous grandes grupos:
Explotacións sobre xacementos primarios realizados para obter minerais auríferos encaixados na rocha. Os sistemas de extracción realizados nestes xacementos poden ser: trincheiras, cortas abertas ao aire libre e minaría subterránea mediante pozos e galerías.
Explotacións sobre xacementos secundarios: son as realizadas sobre aluvións fluviais o sedimentos que conteñen ouro procedente dos xacementos primarios.
As cortas do minado no Toucedo: arrugía ou ruina montium
É o sistema de explotación predominante nos grandes complexos mineiros de Quiroga: o Toucedo, o Regueiral, as Medas, Secide, Augasmestas, Margaride… Consiste basicamente en escavar no terreo unha rede de galerías tanto verticais como horizontais comunicadas entre si, nas que se introducía unha vez rematadas, unha grande cantidade de auga para que entrase a presión nas paredes das galerías, a forza do aire que comprimía e o rebrandecemento da terra, acabase derrumbando o terreo e produciendo unha mistura de lama, pedras e auga, que conducían ata as canles de lavado unha vez retirados os pelouros. As pedras retiradas amoreábanse todas xuntas orixinando os característicos depósitos de áridos que hoxe coñecemos cos nomes de “medos” ou “muradellas”.
Fotografías de Sam Rock
Comentarios