O felo
A Ermida é una parroquia próxima a Quiroga (Lugo), donde se atopa o santuario en honra da virxe dos Remedios que conta cunha festividade que se desenvolve nas xornadas do 8 e 9 de setembro. Nesas datas e durante a procesión da santa aparece en escea o “felo”, un singular persoeiro no que se misturan o profano co relixioso, como pasa en diferentes lugares da península Ibérica, pois dita figura adoita outros nomes e distintas fachendas aínda que na maioría dos casos trátanse de figuras relacionadas co Entroido, a pesar de que actúen noutras datas, pero que teñen en común a súa pertenza aos zoscadores por así dicilo. Entre outros están o irrio (Castro Caldelas-Ourense), mosaurre (Navarra), zangarrón (Zamora), Carantoñas de Aceuche (Cáceres) ou colacho de Castrillo de Murcia (Burgos).
O felo da Ermida leva unha vasoira con toxos coa que vai abrindo paso si é necesario durante a procesión da imaxe da virxe dos Remedios. Escoltado por dúas pampónigas e danzando en todo o percorrido, unha vez que a procesión remata, o felo queda fóra da igrexa donde a xente lanzalle moedas que lle intentan quitar pero que el defende coa súa vasoira mentres toca una castañola de madeira. A Ermida é una parroquia próxima a Quiroga (Lugo), donde se atopa o santuario en honra da virxe dos Remedios que conta cunha festividade que se desenvolve nas xornadas do 8 e 9 de setembro.
Nesas datas e durante a procesión da santa aparece en escea o “felo”, un singular persoeiro no que se misturan o profano co relixioso, como pasa en diferentes lugares da península Ibérica, pois dita figura adoita outros nomes e distintas fachendas aínda que na maioría dos casos trátanse seres relacionadas co Entroido, a pesar de que actúen noutras datas. Una característica que os unifica é a de que portan un obxeto para bater na xente que os provoca ou invade o seu espazo. Entre outros están o irrio (Castro Caldelas-Ourense), mosaurre (Navarra), zangarrón (Zamora), Carantoñas de Aceuche (Cáceres) o colacho de Castrillo de Murcia (Burgos).

O felo da Ermida leva unha vasoira con toxos coa que vai abrindo paso si é necesario durante a procesión da imaxe da virxe dos Remedios. Escoltado por dúas pampónigas e danzando en todo o percorrido, unha vez que a procesión remata, o felo queda fóra da igrexa donde a xente lanzalle moedas que lle intentan quitar pero que el defende coa súa vasoira mentres toca una castañola de madeira. De cando en vez, o felo recibe un golpes da xente cando está a recoller a moedas. A tradición do felo e tal, que o máis pequenos ven nil un ser arrepiante, mentras que na linguaxe popular cando che din que ere un felo, están referindose a que eres feo e mal amañado.
O poeta Manuel María (1929-2004) dedica un poema ao felo nos seus Sonetos ao Val de Quiroga.
Cando o vrau é xa froito moi maduro
E a luz se fai colleita ben cumprida,
No misterio do Val, aló na Ermida,
Celébrase un ritual fermoso e puro.
As pampórnigas son canción erguida,
A invocación e desconxuro,
Para calmar a un fosco deus escuro
Enemigo da vida e máis da vida.
O felo encarna o feo, o meo, o mal,
O terror impreciso e tebregoso
Que habita no interior de cada cal.
Cumprindo un rito sagro e inmemorial,
O folión, antergo e poderoso,
Reventa, incontible, en xente do Val.
O texto e as fotografías son propiedade de Roque Soto (Sequeiros-Lugo, 1955)
Comentarios