Canteiros
Un dos oficios máis estendidos en Galicia é o de canteiro, cousa que non ten nada de estraño se considerando que a pedra é o elemento fundamental na nosa construcción, debido, pola súa parte, ó moito que abunda a gra na nosa Terra.
O canteiro actual herdeiro dos que traballaron nos castros, é un home hábil, amante da súa arte, rexo coma o material que emprega, e cun extraordinario espírito de compañerismo, traducido na existencia dunha fala especial, a "verba dos arxinas", que lles facilita a conversación diante de personas alleas sen que os seus asuntos cheguen a ser enxergados polos outros.
O traballo de carrar e ergue-las pedras require o esforzo de varios homes que traballan a unha. Para facilitalo teñen certas cantigas cunha música que regula o esforzo.
Como exemplo, véxanse estas dúas:
¡Vai pedriña, vai!
¡E vai, miña pedriña, vai!
¿Pedriña, vai...!
¡E vai..., e vai..., e vai...!
¡Carguen, valentes...!
¡Carguen por todos...!
¡Ese socairo
en seu descanso...!
¡Arriba por todos...!
¡Non desmaiare...!
¡Ampara alén...!
¡Eixiña o labrexo...!
¡Vai da-la chumeira...!
¡Vén en seguida...!
¡Carguen, mociños...!
¡qué está chegando
ó seu descanso...!
¡Ala por todos...!
Xaquín Lorenzo
Fotografía de © Roque Soto
Comentarios