Día perfecto

Todo un día perfecto
beber sangría no parque
e despois cando escurece ímonos para a casa.
Todo un día perfecto,
dar de comer os animais do zoo,
logo unha película e despois á casa.

Oh, foi un día perfecto,
estou contento de telo pasado contigo
oh, todo un día perfecto,
déixasme colgado
déixasme colgado.

Todo un día perfecto,
os problemas a un lado,
o noso rollo de domingueiros, é tan divertido.
Todo un día perfecto,
fixo que me esquecese de min
que pensase que era outro, alguén bo.

Oh, foi un día perfecto
estou contento de telo pasado contigo
oh, todo un día perfecto
déixasme colgado
déixasme colgado.

Vas recoller só aquilo que sementes
vas recoller só aquilo que sementes
vas recoller só aquilo que sementes.

Transformer
Lou Reed


Fotografía de Roque Soto



Comentarios

Publicacións populares