En busca da cagalla do lagarto no Outono Fotográfico 2010

Este blog está representado por unha vintena de imaxes no programa do Outono Fotográfico 2010. Unha das salas da Casa da Xuventude de Ourense acolle ata final de novembro fotografías como a de arriba que representan o espírito deste espazo aberto a todo o mundo dende Galicia.


Grazas a Benito, Rosa e todos os representantes da Casa da Xuventude. Longa vida á vocación participativa do citado centro.


Fotografía. A présa tola, de Roque Soto.

Comentarios

Publicacións populares