Postais galegas

Antonio Faílde Gago (1907-1979) ven hoxe a este espazo como un dos artistas máis representativos da escultura galega do século XX. Para falar da súa obra recollo as verbas dun paisano, quirogués, xa desaparecido, do que gardo un bo recordo.

A lección do bo facer que deu Faílde foi o descubrimento das nosas raíces, materializándoas na pedra, principalmente, na madeira e no bronce. Nesas raíces, o escultor ourensáencontra as esencias de universalidade que ten Galicia, polo que o seu traballo, calado a máis das veces e feito con humildade admirable, é de todo tempo e de todo lugar. Os cruceiros, os anxos, os labregos, os frades, os nenos, os pastores, as maternidades e os santos de Faílde están sementados en pedra por unha xeografía universal, dende pobos recónditos da provincia ourensá a lugares de resonancia internacional. Victorino Núñez Rodríguez (1936-2010).


Comentarios

Publicacións populares