Comezo dos actos de homenaxe a Álvaro Cunqueiro. Hoxe en Vigo.
Dende moi cedo atopeime coa obra literaria de Álvaro Cunqueiro, por iso, hoxe, achegueime aos actos que se abren en Vigo, cidade na que viviu e morreu o mindoniense universal, para recordar a súas verbas e as dos que manteñen a súa memoria.
Mais, é mellor recuperar os versos de Cunqueiro:
Un capitán e o seu cabalo
Deixárono nun outeiro ao pé dun ciprés
cercado de espaldas iracundas.
-Non teñas medo, díxenlle,
que nin de parte bianca nin de parte nera son.
As rosas vólvense pra mirarme
porque canto imitando os ventos de abril.
Douche do meu sangue que precises.
-Eu quero, respondeume, sangue partidario
soberbio e quente.
Dobregou sobre o peito a nobre cabeza
e morreu. No Inferno está, posto polo Alighieri.
Cando morría, perto del estaba o seu cabalo
pastando nun prado de grilos e abubelas.
Nin se decatou. Para sempre quedou solto
polos campos, e nunca se lembrou daquela espora
tan dura, que o apugaba nas horas de batallas.
Foi pai en Tosacana e morreu de vello
cunha bocada de herba na boca,
entre a que iban dúas mapoulas.
Fotografía da carauta do disco The man who painted caves, de David Antony Clark, a quen está adicado este post, tamén aos seus paisanos nistes momentos tan duros despois de que a terra tremera e levara por diante moitas vidas.
Comentarios