Chamaranme, chamarannos

Chamaranme, chamarannos a todos.
Ti, e ti, e eu, alternarémonos,
en tornos de cristal, ante a morte.
E expoñerante, expoñerémonos todos
a ser trinzados zas! por unha bala.
Ben o sabedes. Virán
por ti, por ti, por min, por todos.
E tamén
por ti.
(Aquí non se salva nin deus, o asasinaron.)

Escrito está. O teu nome está xa listo,
tremendo nun papel. Aquel que di:
abel, abel, abel...o eu, ti, el...
 
 
 
Blas de Otero
 
 
Fotografía de Roque Soto
 
 







Comentarios

Publicacións populares