Outros enfoques
As fotografías que veñen hoxe a este espacio moito teñen que ver coa tan reivindicada memoria histórica. Por iso, non nomeo os autores que captaron tan vergoñentas imaxes do chamado xénero humano, ao fin de contas somos animais, que no caso de enriba semellan mais ás hienas. Para non aburrir, fagan memoria e busquen os nomes dos fotógrafos, os lugares donde foron feitas as fotos e, si poden, digan os nomes dos verdugos e das víctimas. Tamén é un exercicio de memoria histórica. Todas as personas a teñen.
En fin, isto e o que pode dicir un historiador sobre a memoria histórica: "Memoria e historia funcionan en dous rexistros radicalmente diferentes, aínda cando é evidente que ambas as dúas teñen relacións estreitas e que a historia se apoia, nace, da memoria. A memoria é o recordo dun pasado vivido ou imaxinado. Por esa razón, a memoria sempre é portada por grupos de seres vivos que experimentaron os feitos ou cren telo feito. A memoria, por natureza, é afectiva, emotiva, aberta a todas as transformacións, inconsciente das súas sucesivas transformacións, vulnerable a toda manipulación, susceptible de permanecer latente durante longos períodos e de bruscos espertares. A memoria é sempre un fenómeno colectivo, aínda que sexa vivida psicoloxicamente como individual.
Pola contra, a historia é unha construción sempre problemática e incompleta daquilo que deixou de existir, pero que deixou rastros. A partir deses rastros, controlados, entrecruzados, comparados, o historiador trata de reconstituír o que puido pasar e, sobre todo, integrar eses feitos nun conxunto explicativo. A memoria depende en gran parte do máxico e só acepta as informacións que lle conveñen. A historia, pola contra, é unha operación puramente intelectual, laica, que esixe unha análise e un discurso críticos. A historia permanece; a memoria vai demasiado rápido. A historia reúne; a memoria divide". (Pierre Nora, historiador).
A xente pode recalcar: "o lobo e a raposa, ambos os dous son da mesma ralea". (Refrán popular).
Quédense coa que queiran, pero non esquezan que hai que coñecer moi ben a historia para que non volte a repetirse. De xeito, cada poucos minutos, na actualidade, o fotografiado enriba está ao orde da xornada, tanto nos sitios donde interesa que chegen os m.c.s. como nos esquecidos países que non se nomean porque deles non se pode sacar tallada.
Comentarios