Letras Galegas 2011

Acróstico

Somentes
intentaba conseguir
deixar na terra
algo de min que me sobrevivise

sabendo que debería ter sabido
impedirme a min mesmo
descubrir que só fun un interludio
atroz entre dous muros de silencio

só puiden evitar vivindo á sombra
inocularlle para sempre a quen amaba
doses letais de amor que envelenaba
a súa alma cunha dor eterna

sustituindo o desexo polo exilio
iniciei a viaxe sen retorno
deixándome levar sen resitencia
ó fondo dunha interna
aniquilación chea de nostalxia.


Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995
Lois Pereiro


Fotografía de Roque Soto



Lois Pereiro, Acróstico por jrcasan

Comentarios

Publicacións populares