A memoria de Janey

Mesmo no seco verán, auga. Esa parte do país era unha cunca tallada para os ríos que corrían por el, choiva. O meu pai podía predicir as inundacións e as tormentas imprevistas polas intensas cores das nubes: o amarelo significaba tronos, o añil, lóstregos. É a xeografía, dicía el, a fría precipitada profundidade dun lago volcánico e o aire morno acumulado ao redor das montañas. Un matrimonio pola forma de atraerse, a maneira en que a auga se amontoaba e debía estalar.

...

Podiamos deixar cidades enteiras moldeadas na area e sempre mentres traballabamos a choiva as ablandaba, afundíaas en vagas formas de soño, outeiros.


Choiva

Kirsty Gunn
Fotograma do filme Rain, de Christine Jeffs

Comentarios

Publicacións populares