Non se pode entender sin os montes o val cheamente galego do Sil. Rube e fura polas fontes dos ríos, os seus afilados, deica o cerne das serras demarcadoiras, e il mesmo, o val mestre, obra nalgúns tramos de perfecta madureza, decorre noutros na propia encosta e aba dos montes.
Dende o efeitismo e a dramáticas das formas na Ponte de Domingo Flórez, deica os Tres Ríos, o Sil, que chega do Bierzo cunha longa espriencia, traballa, entre as serras da Encina da Lastra, o Montouto, as cinguidas co Caurel e a costa da Terra de Lemos, á dreita, e o conxunto e podente erguemento das Medas, á esquerda, o seu val, ás veces sólo a súa canle, con dous intres de ademirable e ricaz espallamento das formas propiamente valecas nas terras de Valdeorras e de Quiroga.

Amestan e fan ricaz a Valdeorras as matizaciós, no senso de decorrer, e nos estaxes, en outras. Pé das encostas bravas de fortes alicerces roqueños, traballados por canles torrenciáis criadores de foremosos conos de acugulamente, o val espalla as súas arxilas e terrazas, cuio cromatismo influi no das mestas xeórxicas e os arboredos, máis en renque do que en roda.
Seguen os pobos a lei do río, do camiño, da historias. As mestas parroquias, moitas delas reforzadas pola economía montesía das encostas, teñen os seus foros centrosos nos nös de camiños: o Barco, Vilamartín, a Rúa, organización en maina historia de acrópolis fidalgas e mercados viventes. Quiroga reproduz en meirande pouquidade de formas, na veciñanza das abas do Caurel, as formas da paisaxe valdeorresa.
Os tramos de enérxico loitar do Sil esculpen nas pizarras prevaldeorresas e afondan nas grandes composicións encostas rachadas polos torrentes, afondidos meandros en ensaios de ribeiras, da afluencia do Sor, do Montefurado, do pé da serra da Moá.
Os ríos galegos
Ramón Otero Pedrayo
Fotografías de © Roque Soto
Comentarios