Día da Patria Galega

Non agardemos sentados polo noso porvir, ouvindo a vos agoreira dos graxos escuros. Vaiamos cara a il, con confianza en nós mesmos, co a ledicia que proporcioa o ser escultor, e poeta, e inxenieiros da obra común: unha Galicia nova, unha Galicia renacida, unha Galicia disposta a botar, en trance de aperta, os brazos do seu esprito por riba de todalas cativas barreiras que separan os pobos.

Irmáns: Todos xuntos, en amor i en dór, por Galicia! Pola Galicia de Onte e de Mañán! Pola Galicia de Sempre! Pola Galicia que temos de facer: reita, fecunda, inmorrente...!

Comentarios

Publicacións populares