O mar tranquilo
O mar é tranquilo a cotío no Golfo, e na noite calada non se escoita o seu ir e vir, senón o rebrincar do Iadid no tormeira, denantes de botarse á nugalla no esteiro. Si eu, Al-Faris Ibn Iaqim al-Galizi, que pon en latino galego estas memorias, viaxes e descansos de Sinbad Mariñeiro, fose vilego acolá, nas tardiñas de verán baixar deica as ribeiras do Iadid, i estaríame hastra que caise o pano de noite sobor da terra, vendo correr a escumante frescura, os pés na corrente, e botando á i-auga que alí tan cantadora pasa, unha herbiña, ou unha frol, ou unha nao de papel de Alexandría, e o mirar folgado dos ollos meus tamén.
Si o vello Sinbad volvese ás illas
Álvaro Cunqueiro
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora:
All Men Are Hungry - Steve Harley & Cockney Rebel
Comentarios