Tamén o mar, hoxe,
ten a ialma chea de madureza.
-Oúveselle a adolescencia
no vidro do ar
chea de anacos as vísperas
e de intactas navegacións escuras-
Así. Máis alá. Agora da sombra:
¿Non che doi o canto.
-redondez morna de beixo preciso-
do sol na sombra?


Move, corre. É a hora enteira
Tódalas tuas arelas de ser cantiga
valdéiranse agora. Esculca!
Molla os ollos na sombra:
Espéllate á ti mesma:
Xeme, treme. É o brinco da luz.


Non coñeces o mar?
-Non.
Nin o vento do mar?
-Non.
Quen eres pois?
-Unha sombra nascida e núa;
terra adrento!






Mar ao Norde
Álvaro Cunqueiro

Praia das Catedrais (Mariña luguesa). Fotografías de Emilio Blanco.





Comentarios

Publicacións populares