Saltar ao contido principal
Outros enfoques
John Gutmann naceu en 1905 na localidade alemá de Breslau, hoxe Wroclaw, poboación de Polonia. Ata a chegada do nazismo foi un pintor expresionista de sona e profesor de Historia do Arte en Berlín. Os ventos racistas na Alemania dos anos 30 do século pasado, obrigaron a Gutmann a buscar novos horizontes que atopou na fotografía como correspondente da Presse Photo. A nova andaina levouno a desembarcar en San Francisco en 1934. Dende entón a súa cámara captou o día a día dunha sociedade que camiñaba rapidamente, pero dende un ángulo diferente.
A camiño entre o expresivo e o xornalista, Gutmann recoñecía que no lle interesaba facer desesperadamente arte, pois gustaballe relacionalo coa "marabillosa extravagancia que é a vida". Morreu en 1998, tempo no que xa era considerado un dos grandes da fotografía que se sintiu moi identificado coa súa cidade de adopción: San Francisco, que é o escenario das tres instántaneas que aparecen neste espazo, entre elas a primeira, un autorretrato no que está mirar cara a a Nortj Beacha e a súa baía.
Comentarios