As catro da madrugada
Hora da noite ao día.
Hora dun costado ao outro.
Hora para trintaneiros.
Hora acicalada para o canto do galo.
Hora en que a terra nega os nosos nomes.
Hora en que o vento sopra dende os astros extintos.
Hora e-si-tras-nos-non-quedara-nada.
Hora baleira.
Xorda, estéril.
Fondo de todas as horas.
Ninguén se sente ben ás catro da madrugada.
Se as formigas se senten ben ás catro da madrugada,
haberá que felicitalas. E que cheguen as cinco,
se é que temos que seguir vivindo.
Chamando ao Yeti
Wislawa Szymborska, in memoriam
Manta maragata. Fotografïas de Roque Soto.
Banda sonora:
Someday Soon - Firefall
Comentarios