Xabrega

Istes homes de escumas e sereas
que tanxen a lúa de noite,
¿ónde durmen,
co seu corazón de dorna,
cando o vento do Norde
vai guindado do liño das velas?

Istes homes non berran
nin preguntan nin falan
non persiguen touliñas.
Teñen as maus cheas de silencio.


O paxaro na boca
Luz Pozo Garza

Fotografía de Roque Soto

Banda sonora:


Água Viva  - Oswaldo Montenegro




Comentarios

Publicacións populares