A media mañá
O sol, o vello sabio, vai disipando
pequenas dúbidas de escuridade, deixadas
ata agora por resolver. Trémenlle
un pouco as mans, e trememos
as árbores e nós cando oímos
que todo minuto que pasa ha de arrincar,
brusco, unha venda de sombra, e agora o xusto
caso da luz será ben dereito, e agora
berrará o fraco desacougo da frauta
de Iblis, e verémolo todo, e cheo
de espazos de claridade, impenetrables
como o cristal. Manifestado todo, diremos:
ti quixéchelo, buscáchescho ti, de noite,
cando durmías só para espertar
e non querías crer que a vida
volveríasete máis ignorada que o sono.
Gabriel Ferrater
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora:
You're a Big Girl Now (Bob Dylan) - versión
Comentarios