Outros enfoques
De tripas corazón, é o nome da exposición de ilustracións de David Amoedo (Davida) (Vigo, 1984) que se atopa aberta ao público ata o 30 de marzo no Bullarengue (anexo da tenda Tipo), na rúa López Mora 47, de Vigo.
David adícase a ilustración, o cómic e o diseño gráfico desde o ano 2003, dentro un estilo cartoon, baixo a influenza do humor costumista, o gore y a serie B dos anos 80 e 90. Colaborador dos fanzines Despregable, La Patrulla Caspa, XDécimo, DreamMaker e Sinónimos de Lucro, así como da revista Xogo Descuberto e a editorial DH Ediciones.
Tamén participou en antoloxías como Monstruos Clásicos, Clásicos Zombies, Su Universo a Trfavés e Ilusionaria. E ademáis coordenador do Fanzine LaCaraba.Net e da editora Voz en Off. A súa obra aparece asemade nos monográficos Tiras Ciclícas y Juan Cosa.
Davida ven a este espazo cunha pequena colleita dos seus orixinais expostos no Bullarengue, donde o aficionados ao cómic teñén a oportunidade de atoparse cun artista cheo de vitalidade, inxenio, personalidade e futuro no eido da banda deseñada, na que é como un sopro de aire fresco.
Comentarios