Centenario de Celso Emilio Ferreiro


Mensaxe dende o silenzo

Ti ben sabes, amigo, o gran segredo
dise tempo que pasa e que nos moe
cun rodicio de sombras,
sen mañá e sen onte.

Nas nosas mans de lama nada queda,
todo se nos desfai, todo nos foxe
coma o vento que brúa,
coma a auga que corre.

Non somos máis que cousas
con diferentes nomes:
camiño, verme, folla,
estrela, arbre, home.

Cousas
que o tempo ha de pór podres.

E mentras tanto
de ningures para lonxe,
igual que toupas imos cegamente
furando o longo túnel dunha noite
que endexamais ten fin; sempre furando
sen máis norte que a morte.

Preguntas e preguntas e preguntas,
decote a preguntar. Ninguén responde.

O soño sulagado
Celso Emilio Ferreiro

Fotografías de Roque Soto




Banda sonora:


My Cousin's King - Elephant Micah

Comentarios

Publicacións populares