Chegarán suaves chuvias
Chegarán suaves chuvias e o aroma da terra,
E andoriñas dando voltas cos seus débiles sons;
E ras nos estanques cantarán pola noite,
E ameixeiras silvestres de tremente branco.
Os paporrubios vestirán o seu lume emplumado,
Asubiando os seus caprichos sobre un aramado.
E ninguén saberá da guerra, ninguén
Preocuparase ao final cando todo fine.
A ninguén lle importaría, nin a paxaro nin a árbore,
Se a humanidade pereceu completamente;
E a primavera mesma, cando esperte ao mencer
Apenas se daría conta que nos fomos.
Sara
Teasdale
Fotografía de Roque Soto
Comentarios