Desespero

 As estacións derraman a súa ruína mentres pasan,
Pois na primavera os narcisos alzan os seus rostros
Ata que as rosas florecen en ígneas chamas;
E no outono xermolan as violetas púrpuras
Cando o fráxil azafrán suscita a neve invernal,
Pero as decrépitas e novas árbores renacerán,
E esta terra gris crecerá verde co orballo do verán,
E os nenos correrán entre un océano de fráxiles prímulas.

Pero que vida, cuxa amarga voracidade
Esgaza os nosos talóns, velando a noite sen sol,
Alentará a esperanza daqueles días que xa non retornarán?
A ambición, o amor, e todos os sentimentos que queiman
Morren demasiado pronto, e só encontramos a dita
dos murchos despoxos dalgún recordo morto.


Oscar Wilde


Fotografía de Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares