A lúa é unha ausencia
Ti, quen es da noite errante
aparición que pasas silenciosa,
cruzando os espazos ondulantes
tras os vapores da nube augada?
Negra a terra, triste o firmamento,
cegos os meus ollos sen a túa luz estaban,
e suspirando entre o escuro vento
tenebrosos espíritos vagaban.
eu agardábate, e cando vin os teus vermellos
perfís asomar con lenta calma,
como o teu raio descendeu aos meus ollos,
tenra alegría descendeu á miña alma.
E aos meus rogos acodes preguiceira
cando amoroso o corazón te ansía?
Ven a min, suave luz, nocturna, fermosa
filla do ceo, ven: por que tardía!
Carolina Coronado
Fotografía de Roque Soto
Banda sonora:
Balada de l'Angel Bru - Pep Laguarda & Tapinería
Comentarios