Espellismo
Ti es un espellismo na miña vía.
Ti es unha mentira de auga
e sombra no deserto. Mírante
os meus ollos e non creen en ti.
Non estás no meu horizonte, non brillas
aínda que brilles cunha luz de auga...
Non amarras aínda que amarres a vida!...
Non chegas aínda que chegues, non bicas
aínda que biques... Reflexo, mentira
de auga os teus ollos. Cidade
de prata que me mente o prisma,
os teus ollos... O verde que non existe,
a frescura de ningunha brisa,
a palabra de lume que ninguén
escribiu sobre o muro... Eu mesma
proxectada na noite polo meu
soño, iso ti es!... Non brillas
aínda que brilles... Non bica o teu bico...
Quen te amou só amaba cinzas!...
Ti es unha mentira de auga
e sombra no deserto. Mírante
os meus ollos e non creen en ti.
Non estás no meu horizonte, non brillas
aínda que brilles cunha luz de auga...
Non amarras aínda que amarres a vida!...
Non chegas aínda que chegues, non bicas
aínda que biques... Reflexo, mentira
de auga os teus ollos. Cidade
de prata que me mente o prisma,
os teus ollos... O verde que non existe,
a frescura de ningunha brisa,
a palabra de lume que ninguén
escribiu sobre o muro... Eu mesma
proxectada na noite polo meu
soño, iso ti es!... Non brillas
aínda que brilles... Non bica o teu bico...
Quen te amou só amaba cinzas!...
Dulce María Loynaz
Fotografías de Roque Soto
Banda sonora:
Run To River - Corizonas
Comentarios