Outros enfoques


Toda a miña modesta actividade como publicista e editor está motivada e relacionada coa accidentada e corta vida do meu irmán o pintor, escritor, poeta e dramaturgo que foi Cándido Fernández Mazas (Ourense, 1902- Pedrouzos, 1942).

Naqueles tempos -os anos 20- eran raras as exposicións, non había salas permanentes de exposicións; e o meu irmán era inimigo de concursar nas Exposicións Nacionais, onde cría que a súa pintura non sería estimada. Entón dedicouse máis preferentemente á literatura teatral para expresar o seu pensamento e sentimentos poético-literarios. Pero nesta nova actividade tropezou con outros inconvenientes: a imposibilidade de publicar as súas obras, ben polo atraso que a sociedade española experimentaba, en contraste co avanzado das súas teorías, xa polas dificultades económicas conseguintes. Intentou en van convencer os seus amigos con diñeiro abondo para montar unha editorial e renovar a decaída literatura nacional. Un dos seus últimos intentos -ano 1932- foi co seu amigo ourensano José Vicente Rodríguez, herdeiro dunha regular fortuna, que estaba a dilapidar do xeito máis estúpido, entre drogas, alcohol e mulleres da vida. Cándido intentou apartalo daquela vida e encamiñalo a outra de traballo: a fundación de "Edicións La Golondrina". En homenaxe e recordo daquel fracasado intento de Cándido Fernández Mazas xurdiu en min a idea de "Edicións Andoriña" (Andoriña e non Anduriña, pois penso que é máis a 1ª escrita, que a segunda falada).
 
 
 

Desa maneira falaba Armando Fernández Mazas, mestre represaliado e militante troskista ata ó final da súa existencia, de como orientou os seus derradeiros anos á difusión da vida e da traxectoria artística do seu irmán Cándido, a quen outra vez, aínda que niste caso no espazo Outros enfoques, volve a este blog, que acolle con ledicia calquera das facetas que desenvolveu ao longo da corta vida.

Ademáis de recordar os 70 anos do seu pasamento, e bo traer algunhas das súas obras plásticas. Nelas, só unha moi pequena parte, misturanse óleos, humor gráfico, carteis ou debuxos de personaxes das súas obras de teatro, que foron recuperados por Armando FM na mencionada editorial que tivo a súa sede na cidade de Ourense a finais do século pasado.


Ediciones Andoriña publicó os seguintes libros entre 1989 e 1995:

  • Ourense: Atenas de Galicia
  • O humorismo gráfico de Fernández Mazas (Dichi)
  • Política y Pedagogía: Memoria teórica de un maestro de la ATEO
  • El periodismo de Fernández Mazas
  • Vida y obra del pintor Fernández Mazas
  • La estética de Fernández Mazas
  • Cándido Fernández Mazas: Dibujos de Paris 1925-1927
  • Los cuernos disparatados
  • La leyenda de Don Juan
  • Una novela inacabada: La revolución de las babelinas y Los olvidados de la rúa del Sol
 
E para rematar con iste recordo de Cándido Fernández Mazas, un polifacético artista cuia vida transitou no artístico polas vanguardas europeas dos anos 20 y 30, con estanza incluida en París, pero que se viu crebada a consecuencia da  guerra civil española,o cal influíu na perda dunha parte da obra pictórica do artista ourensán.

Mais o seu irmán Armando tentou xa maior -recuperou o seu posto trala morte de Franco en 1975- dar o merecido recoñecemento a laboura do que fora pintor, debuxante, grabador, cartelista, xornalista e dramaturgo. Armando recordaba que: Ediciones Andoriña aspiraba a restaurar o prestixo, o encanto, o clima literario e artístico da nosa cidade -Ourense-  en aqueles anos 20, recoñecidos baixo o apelativo de "Atenas de Galicia", prestixio, encanto e clima bárbaramente cercenado polos 40 años de dictadura franquista.

 

Comentarios

Publicacións populares