A canción da última cita
 
Arrefriábase, desvalido, o meu peito,
pero eran lixeiros os meus pasos.
Púxenme na man dereita
a luva da man esquerda.
Pareceume que había moitos chanzos
aínda que sabía que eran só tres!
Un murmurio outonal entre os pradairos
pediume: " Morre comigo!
Oe: unha sorte penosa,
inconstante e mala enganoume! "
Contesteille: "Querido meu:
a min tamén. Contigo morrerei! "
Esta é a canción da última cita.
Botei unha mirada á casa sombría.
Tan só na alcoba ardían as velas
cunha chama indiferente e murcha



Ana Ajmátova


Fotografía de Roque Soto


Banda sonora:

 
The Vanishing Mind - Calexico
 
 

Comentarios

Publicacións populares