Letras Galegas 2012
Pico sagro da palabra
Agora eres canzón de lonxe ouvida
bocarribeira adentro serra a serra,
matri-solar da oestreminiana xente
onde a escuma da caste se alporiza.
A Mariña na brétema enfoulada,
a facer contraponto no teu canto,
a do Caurel de cervos enramada,
de Manzaneda e de Avión finxindo
vertebración azul dos verdes eidos.
Eras o Pico Sagro da palabra,
oral orografía dos espíritos
que no barro enfornaron unha patria.
Cen chaves de sombra
Valentín Paz-Andrade
Fotografíade Roque Soto
Banda sonora:
Crayon Angels - Judee Sill
Comentarios