Outros enfoques
 
 
 
 
O traballo de Isabel Muñoz (Barcelona, 1951) no eido da fotografía amosa rigorosidade, compromiso, valentía e unha compoñente ética que se agradece por parte das persoas que tivemos a sorte de ver algunha das exposicións desta muller que percorreu vinte países para captar coa súa cámara a situación da infancia e xuventude en relación cos dereitos humanos. Infancia foi un deses actos que se levou a diferentes salas, entre elas a de Madrid onde puiden apreciar por primeira vez a laboura comprometida de Isabel Muñoz. Aparte da beleza das imaxes, hai unha mensaxe en cada unha delas, pois aínda que os protagonistas sexan de diferentes nacionalidades, razas e relixións, imponse o recordo de que aínda hai moito que facer neste terceiro milenio para evitar que a pobreza, a falta de saúde e educación, entre outras carencias, leven a población máis nova, e dicir o futuro, a explotación e a escravitude.
 
 

Fala a fotógrafa
 
 
 
Web
 

Comentarios

Publicacións populares