Diccionario galego
maseira
s.f.
1. Pía de pedra ou madeira onde se lle bota de comer ao gando, en particular aos porcos. Estroulles o cortello e lavoulles a maseira aos porcos. sin. bacía, bacío, barquela, conco, cunco . cf. barcal, cambeleira, comedeira, comedeiro 1 , manxadoira, maseiro , presebe .
pipa
s.f.
1. Recipiente de madeira destinado a conter líquidos, especialmente viño, máis pequeno ca o bocoi, cunha capacidade media entre 250 e 500 litros. Botaron o viño en pipas. cf. bocoi, barril, cuba, fuste, tonel.
Fotografía de Roque Soto
Comentarios